jueves, 3 de julio de 2008

XA FALTA MENOS, CASE NADA...


Xa non hai volta atrás. Que pare o que teña frenos, porque aí vamos... A día de hoxe, os nosos corpos van subindo o nivel de adrenalina, a actividade tórnase cada vez máis activa e os acontecementos desátanse un tras doutro...para ser concreto, que "A besta" está poñéndose a punto, os visados chegan afirmativamente un tras doutro, a prensa comenza a amosar un interese pola viaxe que nos apabulla, Alberto xa non pode co peso de tódolos apuntes que toma sobre as cousas que faltan, Juanín (cafetero empedernido) deixou o café e realiza xestións cun ritmo frenético que eu non vira nel nin por asomo nos vinte anos que hai que o coñezo, e Jose que non da escrito ese puto sketch de teatro co que deberíamos triunfar por terras asiáticas... en fin, que a cousa vai por bo camiño. Falta pouco maís dunha semana e a consigna básica coa que máis nos animamos, posuídos sen dúbida polo paciente espíritu de Confucio(o do debuxo) é: "Sobra o tempo, joder, sobra o tempo..." Así será., pero sen esquecer que "Non por moito falar, coce o arroz" Hala. Agardamos as vosas mensaxes de cheas de bos desexos ou de ingresos bancarios. Bicos a todo Dios, e a toda Deusa.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Vaia por diante que vos desexo a mellor sorte do mundo para a realización da vosa viaxe e espero que acadedes o voso obxectivo polo menos 4 días antes do estimado.
Pero, sinceramente, teño unha pregunta rondándome a cabeza desde que souben o que íbades facer. Deixando a un lado consideracións mecánicas, papeleos, avituallamento, salubridade....
¿Traballades con información privilexiada ou realmente vades correr tanto risco como a min me parece?
Para que vos fagades unha idea do que a min me parece direivos que por eses paises (a partir de centroeuropa) coido que ata a policía actúa como ladróns, e que calquera persoa pode rifar un tiro a ver a quen lle toca.....

Anónimo dijo...

Vale, asumido que ides. Por fin tedes a miña bendición! E se conseguistes iso, chegades seguro a onde queirades.
A cambio dela tedes que volver prontiño para casa, e comer ben e dormir moito, que iso é o máis principal...
E ver, e oir, e ulir, e...
... En fin, e gravar todo na memoria para relatar despois as maravillas (mal será que entre os tres, por máis fráxil que sexa a memoria dalgún...)
E polas deusas todas, non lle sigades chamando "besta" a esa "belísima criatura" que termará de vós todo o camiño!

Anónimo dijo...

Buenoooooo... pues como lo prometido es deuda y Dios es de todos (o eso dicen por ah�), aqu� estamos las oficinistas experimentadas en atender a tres locos al volante para desearos mucha suerte en vuestra gran aventura... esperemos que pronto pase de aventura a gran haza�a, como las del Cid Campeador, pero m�s internacional... Mucha suerte pues, os echaremos de menos por aqu� a ver qui�n va a llenar de colorines nuestra jornada laboral sin vosotros?. Esperamos vuestra colorida visita a la vuelta...
Bicos e agarimos...
Fer y Graci

leandro dijo...

ánimo companheiros!
começa a conta atrás...
as corredoiras do mundo estám "tiritando"...
arade o asfalto de aquí a Pekím e sementade grelos ao vosso passo...

PD. ide pola sombra

sorte!

Mighel de la cuadra sal pronto

alberto dijo...

OOPAIII! POIS EU NON PENSO QUE O RISCO DA VIAXE SEXA TAN ELEVADO: A BESTA ESTÁ PREPARANDO O SEU MOTOR, O TEMA BUROCRÁTICO (AÍNDA QUE ARRASTRANDO) ESTASE SOLUCIONANDO POUCO A POUCO, XA IMOS LEVAR UN POUCO DE ARRÓS PRA MANTERNOS,... ASÍ QUE POUCO MÁIS PODE PREVERSE. TRANCOS, TEÑO QUE CONFESARCHE QUE TEMOS UN CONTACTO NA "KGB" QUE NOS ESTÁ SOPLANDO QUE VAIAMOS SEN PROBLEMA, QUE ALÍ AS AUTOPISTAS ESTÁN MOI BEN, E QUE NOS AGARDAN COS BRAZOS ABERTOS...

alberto dijo...

ASUN, NON O TOMES COMO ALGO NEGATIVO. O DA "BESTA" VAI CON TODO O CARIÑO DO MUNDO. ANTES TÓDALAS CASAS TIÑAN A SÚA BESTA, QUE ERA BASE FUNDAMENTAL DA CASA, POIS GRACIAS A ELA PODÍAN TRABALLAR AS TERRAS, CARRETAR AS COLLEITAS, VIAXAR,... ;COMO FUNDAMENTAL SERÁ PRA NÓS NESTA AVENTURA: TRANSPORTARANOS, PROTEXERANOS,TERMARÁ DE NÓS TODO O CAMIÑO... E SÓ SABERÁN AS DEUSAS CANTAS COUSAS MÁIS. COMO TI DIS (E AGORA COA ROTULACIÓN MOITO MÁIS): BELÍSIMA!!

alberto dijo...

BRRUUUMMMM, BRRUUUM!!!
AS TRIPAS DA BESTA DEVECEN POR BRUAR POR RIBA DAS PEDRAS! AI, ATILA SE TI SOUPERAS O QUE É FACER TREMER A ESTEPA...! POIS NON VOS PREOCUPEDES PORQUE XA PASAMOS POLOS SOLLOSOS E TEMOS ACOPIO DE SEMENTES DE GRELOS E DE PEMENTOS DO COUTO, ASÍ QUE... QUE SE PREPAREN AS EIRAS E CUNETAS KAZAJAS!!