viernes, 28 de marzo de 2008

PROXECTO: EN COCHE A PEKÍN 2008

QUEN SOMOS:

En coche é un clube cunha traxectoria de máis de 10 anos desenvolvendo rutas completas en coche.

Dende o primeiro até o último día trénzase unha secuencia circular de destinos que alimentan o descubrimento do viaxante até a chegada. Rutas feitas: Algarve 1996, Mediterraneo 1997, Cara Gibraltar 1998, Amsterdam 1999, Estocolmo 2001, Até Upsala 2003, Cara Cracovia 2004, A Liuviana 2005.
O proxecto deste ano En coche Pekín 2008 será a nosa primeira viaxe en liña e representa un gran salto cuantitativo.


RUTA EN DATOS:


15.000 quilómetros de estradas, cando as haxa.
2 continentes de punta a punta.
10 fronteiras: España, Francia, Alemania, República Checa, Polonia, Ucrania, Rusia, Kazajistán, Rusia, Mongolia e China.
8 zonas horarias.
5 cordilleiras.
2 desertos.
5 semanas: O Fisterre-Pekín.
3 viaxeiros

PANORAMA:

Sen ánimo de lucro.
Doar continuamente o material a ONG´s e persoas polo camiño, para volver co posto.
Sen espíritu competitivo, só alma.
Doar o coche a unha ONG con sé en Pekín.
Coñecer rexións lonxanas no espazo, no tempo e na memoria por rutas non convencionais, para transmitilas aquí posibles e asequibles.
Axudar á divulgación do noso por Europa e Asia.


ESTRATEXIA DE COMUNICACIÓN:

Antes da viaxe:
Elaborar a páxina web como punto de encontro.
Secuenciar a campaña de medios (prensa, radio e tv) no tempo para difusión e seguemento do proxecto e divulgación dos patrocinios.
Expoñer o coche e o proxecto na semana da Feira Internacional de Mostras do Noroeste, FIMO.
Publicar a reportaxe da aventura en suplemento da Voz de Galicia co relato e fotografías dúas semanas antes da saída.


Durante a viaxe:

Saír dende a FIMO no seu acto de clausura o domingo 13 de xullo, despois dunha rolda de prensa con grande número de medios convocados.
Publicar a crónica na tirada principal da Voz de Galicia cun mínimo de 2000 caracteres e unha fotografía da viaxe cada semana.
Grabar o documental para televisión cunha unidade de acompañamento (comprometida a productora, pendente da confirmación das empresas do audiovisual)
Visitas concertadas de apoio a ONG´s en ruta para favorecer o intercambio.
Representar sketchs (os 3 tamén somos actores) en prazas principais, para favorecer o intercambio.
Actualizar a páxina web co relato e imaxes da ruta.

Á volta da viaxe:
Campaña de medios (prensa, radio e tv) como colofón da viaxe, para difundir a páxina web e agradecer as axudas.
Montaxe e emisión do documental.
Exposición da viaxe en centros culturais.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Non chegades nin de coña!!!!!

Anónimo dijo...

Moita sorte no voso...pa-se-o
Pero si xa estades chegando!!!

Anónimo dijo...

Osea, que ides se-la envexa de moitos,... que teñades moita sorte porque imaxinación non vos falta!!!! bikos

Anónimo dijo...

mirade, unha preguntiña, ¿levades coche de recambio?
Pekin está pasando Fene un cacho, ¿non? Ides ter que pensar seriamente nun coche de recambio.

Moita sorte!!!

Sorte ven de sortella que significa suerte!!!jaja.

Anónimo dijo...

estades colgados pero eu quixera ser coma vox.
teño envexa sana, pero espero que o pasedes como eu quero pero me temo que non encontraredes con quen e de eso ser non teredes tempo

miguel dijo...

mariquita dixo:

boa sorte rapaces!!!!espero que o pasedes moi, moi, moi ben ainda que non estou moi segura de se chegaredes aló...pero o que sei fixo e que Alberto volve con greñas ja, ja, ja....!!!

Anónimo dijo...

Pensades en buscar "algo" neses mundos que non haxa aquí?

Anónimo dijo...

Moi boa sorte para eses tres tolos q van ir en coche a pekin, os coñecedes?

Anónimo dijo...

bufalos,estou con vos!
soamente teño unha dubida para Alberto, ¿cando vas facer unha churrascada no patio para facervos unha boa despedida?

Anónimo dijo...

SI QUEREDES UÑETA XA TEÑO CARNET
PODO IR DE ESCOBA SI O VEDES NECESARIO............

Anónimo dijo...

NECESITADES UN ESPERTO EN FRIKI AVISAR QUE OS VOTAMOS UN A MAO

alberto dijo...

PERDOADE QUE VOS TIVÉRAMOS TANTO TEMPO "DESATENDID@S". AGORA QUE XA COMEZOU A CONTA ATRÁS PROCURAREMOS ESTAR MOITO MÁIS PENDENTES DE CONTESTAR AS VOSAS DÚBIDAS E PREGUNTAS.
POR CERTO, FIONO, ESTAMOS PENSANDO EN FACER ALGÚN TIPO DE XUNTANZA COS AMIG@S ANTES DE MARCHAR, ASÍ QUE IGUAL NON ANDAS TAN DESENCAMIÑAO...
LOUSADA: O DO FRIKI, NON CREO QUE O VAIAMOS A PRECISAR, PERO O DA "UÑETA" ESCOBA... ¡FAINOS A TÚA OFERTA!

Anónimo dijo...

Hola, soy argentina-española vivo en Benidorm, los felicito por esta aventura, me meti en la pagina web pero la verdad es que me entero de la mitad, no se si esta en gallego o catalan, suerte, los seguiremos por internet.

Anónimo dijo...

es una buena acción, lastima que os limiteis al gallego en vuestro blog, con lo que limitais tambien el numero de personas que os pueden seguir.

Buena ruta