Bieeeeeen!! A Besta xa está maquillada! Recén saída da mesa de operacións esta mañán, xa pasou polas mans do esteticista e agora xa luce cores variadas. Xa ten tatuados na súa dura chapa os logos dos nosos patrocinadores e, como non, o noso propio. A que mola? Jose segue coa súa teima de mirar e remirar o motor para comprobar que non nos quede ningún reposto por levar. A sorte está botada. Os astros proverán...
martes, 8 de julio de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
11 comentarios:
Cada vez confírmase máis que vos ides... Sede máis sensatos que nunca... Pero o máis importante, disfrutade máis que nunca. Bicos de Celia.
OBRIGADO CELIA, POIS O DE MÁIS SENSATOS QUE NUNCA, NON O TEÑO CLARO, PERO O QUE SI SEI É QUE IMOS DISPOSTOS A DESFRUTAR... E VER, E OIR, E ULIR, E...
EN FIN, TENTAREMOS GRAVALO TODO NA MEMORIA (EU TEÑO QUE LEVAR UN mp3 PRA FACELO, POIS NON TEÑO MOITA) PRA RELATAR DESPOIS AS AVENTURAS E DESVENTURAS DA BESTA E OS SEUS RAPACES... UNHA APERTA
Hola !!!
Os acabo de ver en la 1ª cadena , buena suerte en el viaje ;)
Eva_Málaga
Sorte rapaces, experiencia única, paladeade todo paseniño, incluso os malos momentos que os haberá, eses que depois lembraredes en Ferrol cun licor café por medio. Prometo ser fiel seguidor desta aventura.
Saúde e Sorte.
Hola:
Igual que o anterior, acabo de veros na primeira. Son un fan dos viaxes en coche.
Todo viaxe comenza na mente dos viaxeiros e empeza a sua fin cando se empeza o camiño. Disfrutádeo.
Moita sorte, seguireivos polo blog.
Moita sorte. Disfrutade que e o mais importante e desde aqui estaremos todos pendientes desta hazaña.
Bicos
Eu tamén vos acabo de ver na tele,noraboa pola iniciativa pareceme estupenda! e como non, todo un orgullo que 3 galegos vaian dando a coñecer o noso recuncho polo mundo enteiro.
Moita sorte e saúdos dende Lugo, visitarei asiduamente o voso blog, de seguro teredes moito que contar, poñede moitas fotos!!!!
Ai, ai,ai....se Marco Polo erguera a cabeza, ou Livingston, ou Indiana Jones, estarían envexosos de acompañarvos, e eu ficaría máis tranquilo, que polo menos “Indy” ten látego para defenderse. En fin, ca vosa aventura sexa máis grande ca dos Goonies (e menos perigosa).
Bicos e apertas compañeiros e moito coidado coas fochas do camiño que por eses lares non pagan rodaxe.
Óscar.
MOITAS GRAZAS POLOS VOSOS ÁNIMOS, RAPAZ@S! ÉNCHENOS DE ORGULLO SABER QUE IDES ESTAR SEGUINDO AS NOSAS PEGADAS (E TAMÉN É UN POUCO DE PRESIÓN SOBRE OS NOSOS NEUMÁTICOS FIRESTONE).
QUE BOA A FRASE DE "anónimo": Todo viaxe comenza na mente dos viaxeiros e empeza a sua fin cando se empeza o camiño.
COA VOSA AXUDA PALADEAREMOS TODO MOITO MELLOR!
Hola,
¿pero esta xente non tiña que mandar unha cronica para o xornal de onte?Donde estan?
Saludos de los de Cardebelle.
Philippe
Publicar un comentario