viernes, 28 de marzo de 2008

PROXECTO: EN COCHE A PEKÍN 2008

QUEN SOMOS:

En coche é un clube cunha traxectoria de máis de 10 anos desenvolvendo rutas completas en coche.

Dende o primeiro até o último día trénzase unha secuencia circular de destinos que alimentan o descubrimento do viaxante até a chegada. Rutas feitas: Algarve 1996, Mediterraneo 1997, Cara Gibraltar 1998, Amsterdam 1999, Estocolmo 2001, Até Upsala 2003, Cara Cracovia 2004, A Liuviana 2005.
O proxecto deste ano En coche Pekín 2008 será a nosa primeira viaxe en liña e representa un gran salto cuantitativo.


RUTA EN DATOS:


15.000 quilómetros de estradas, cando as haxa.
2 continentes de punta a punta.
10 fronteiras: España, Francia, Alemania, República Checa, Polonia, Ucrania, Rusia, Kazajistán, Rusia, Mongolia e China.
8 zonas horarias.
5 cordilleiras.
2 desertos.
5 semanas: O Fisterre-Pekín.
3 viaxeiros

PANORAMA:

Sen ánimo de lucro.
Doar continuamente o material a ONG´s e persoas polo camiño, para volver co posto.
Sen espíritu competitivo, só alma.
Doar o coche a unha ONG con sé en Pekín.
Coñecer rexións lonxanas no espazo, no tempo e na memoria por rutas non convencionais, para transmitilas aquí posibles e asequibles.
Axudar á divulgación do noso por Europa e Asia.


ESTRATEXIA DE COMUNICACIÓN:

Antes da viaxe:
Elaborar a páxina web como punto de encontro.
Secuenciar a campaña de medios (prensa, radio e tv) no tempo para difusión e seguemento do proxecto e divulgación dos patrocinios.
Expoñer o coche e o proxecto na semana da Feira Internacional de Mostras do Noroeste, FIMO.
Publicar a reportaxe da aventura en suplemento da Voz de Galicia co relato e fotografías dúas semanas antes da saída.


Durante a viaxe:

Saír dende a FIMO no seu acto de clausura o domingo 13 de xullo, despois dunha rolda de prensa con grande número de medios convocados.
Publicar a crónica na tirada principal da Voz de Galicia cun mínimo de 2000 caracteres e unha fotografía da viaxe cada semana.
Grabar o documental para televisión cunha unidade de acompañamento (comprometida a productora, pendente da confirmación das empresas do audiovisual)
Visitas concertadas de apoio a ONG´s en ruta para favorecer o intercambio.
Representar sketchs (os 3 tamén somos actores) en prazas principais, para favorecer o intercambio.
Actualizar a páxina web co relato e imaxes da ruta.

Á volta da viaxe:
Campaña de medios (prensa, radio e tv) como colofón da viaxe, para difundir a páxina web e agradecer as axudas.
Montaxe e emisión do documental.
Exposición da viaxe en centros culturais.